PREGUNTAS FRECUENTES

    1
  1. Onde poden depositar os consumidores os RAEES?
  2. Só teñen que levar, sen custo algún, os seus RAEE ás instalacións de recollida das Entidades Locais, como os puntos limpos ou os locais de venda dos distribuidores. Estes son os lugares máis habituais onde depositar os seus aparellos eléctricos ou electrónicos.

    Levar os RAEEs aos puntos establecidos e coidar o medioambiente é gratis para os consumidores.

    2
  3. Que materiais e compoñentes teñen os RAEES?
  4. Os aparellos eléctricos e electrónicos son produtos moi complexos, con moitos materiais e distintos tipos de pezas. Xúntanse metais, madeiras, plásticos, cartón, cristal líquido... que son fabricados con distintos compoñentes. Por exemplo, nun móbil, hai ata 40 tipos de metais e terras raras, que teñen un alto valor.

    Un grande electrodoméstico está feito nun 61 % de metal. En cambio, un pequeno electrodoméstico é plástico nun 48 %.

    3
  5. Por que se deben xestionar axeitadamente os RAEES?
  6. Moitos dos materiais que compoñen os AEEs teñen un gran valor e recuperalos é unha forma de "minería urbana", respectuosa coa contorna, xa que impide buscalos na natureza.

    Doutra banda, moitos destes aparellos conteñen substancias perigosas, que hai que tratar axeitadamente e impedir que se mesturen con outros residuos ou entren en contacto co medio ambiente ou as propias persoas.

    Desde a recollida ao tratamento, pasando polo transporte, os RAEEs deben ser xestionados por profesionais.

    4
  7. Cal é o ciclo de xestión dos RAEES?
  8. Cando o consumidor deposita o RAEE, ponse en marcha unha cadea que termina coa fabricación e venda dun AEE a ese mesmo consumidor.

CONTACTO